Khmer vermellos

Khmer vermellos
Dirixentes e organización
LíderPol Pot
Historia
Fundación23 de febreiro de 1968
Disolución6 de marzo de 1999
Posicións políticas
IdeoloxíaAutarquía[1][2]
Nacionalismo[2][3]
Comunismo (ata 1981)[1][3]
Posición políticaExtrema esquerda[4][5]
Outros datos
SedePhnom Penh, Camboxa

Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»).

Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».

Durante os catro anos que durou o seu réxime, desde abril de 1975 a xaneiro de 1979, as súas accións e maneiras de impor a súa política conduciron ao que se coñece como o «xenocidio camboxano», actos que foron xulgados por un tribunal internacional en Phnom Penh por crimes contra a humanidade.[6]

O fin do réxime dos Khmer vermellos chegou en 1979 debido a unha intervención militar de Vietnam no país. A partir dese momento, os Khmer vermellos convertéronse nunha guerrilla aliada dos Estados Unidos e a República Popular da China (debido a que se enfrontaban á nova República Popular de Kampuchea, aliñada con Vietnam e a Unión Soviética) e, unha vez que estes lles retiraron o seu apoio en 1989, adaptáronse e convertéronse nunha guerrilla das que adoitan relacionarse coas economías de guerra.

  1. 1,0 1,1 Kiernan, B. (2004) How Pol Pot Came to Power. New Haven: Yale University Press, p. xix.
  2. 2,0 2,1 Kiernan (2004), xx.
  3. 3,0 3,1 Rowley, Kelvin. "Second Life, Second Death: The Khmer Rouge After 1978". (PDF). Consultado o 30 de xullo de 2019.
  4. Martin, Gus (2008). Essentials of Terrorism: Concepts and Controversies. SAGE Publications, Inc. p. 80. ISBN 978-1412953139. 
  5. Hartman, Tom (1985). A World Atlas of Military History, 1945–1984. Hippocrene Books. p. 81. ISBN 0870520008. 
  6. "La única superviviente de un centro de torturas de Pol Pot rompe su silencio". El Mundo.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in