Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Kim Jong-un (en coreano: 김정은, IPA: [kim dʑʌŋ ɯn]), tamén coñecido como Kim Jong-eun ou Kim Jung-eun, anteriormente Kim Jong-woon ou Kim Jung-woon, nado o 8 de xaneiro de 1983, é o líder supremo de Corea do Norte. É o terceiro e máis novo fillo do seu defunto predecesor, Kim Jong-il e a súa consorte Ko Young-hee.
Dende finais de 2010, Jong-un comezou ser visto como futuro herdeiro no liderado da nación e, despois da morte do seu pai, foi anunciado como o "gran sucesor" pola televisión estatal de Corea do Norte. Foi declarado Comandante Supremo do Exército Popular de Corea o 24 de decembro de 2011. É un Daejang do Exército Popular de Corea, un rango militar equivalente á un Xeneral. Dise que estudou de forma privada ciencias da computación en Corea do Norte. Ten dúas licenciaturas, unha en física na Universidade Kim Il-sung e outra na Academia Militar Kim Il-sung.
En 2012 foi elixido pola Asemblea Popular Suprema, como Primeiro Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea, o cargo de goberno máis alto do país e foi reelixido en 2014. En 2016 o nome do cargo mudou polo de Presidente da Comisión de Asuntos de Estado da República Popular Democrática de Corea. Foi reelixido en 2019.