Kirsten Dunst (2016) |
|
Nacemento | (en) Kirsten Caroline Dunst 30 de abril de 1982 (42 anos) Point Pleasant, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Residencia | Os Ánxeles |
---|
Relixión | Luteranismo |
---|
Educación | Notre Dame High School (en) Ranney School (en) |
---|
Cor do pelo | Louro |
---|
|
Ocupación | actriz, actriz de televisión, directora de cinema, guionista, cantante, actriz de dobraxe, modelo, actriz de cinema, produtora |
---|
Período de actividade | 1988 - |
---|
Partido político | Partido Demócrata |
---|
Membro de | |
---|
Instrumento | Voz |
---|
|
Cónxuxe | Jesse Plemons (2022–) |
---|
Parella | Jesse Plemons (2016–2022) Garrett Hedlund (2012–2016) Johnny Borrell (2007–2007) Jake Gyllenhaal (2002–2004) |
---|
|
- (2017) Satellite Award for Best Cast – Motion Picture (en) , premiado polo traballo Hidden Figures
- (2017) Premio do Sindicato de Actores de Cinema ao mellor elenco, premiado polo traballo Hidden Figures
- (2016) Satellite Award de melhor atriz em série de drama (pt) , premiado polo traballo Fargo
- (2016) Premio da Crítica Televisiva á mellor actriz en filme/miniserie, premiado polo traballo Fargo
- (2012) lista de atrizes premiadas com o Prêmio Saturno (pt) , premiado polo traballo Melancholia
- (2011) Premio do Festival de Cannes á mellor actriz, premiado polo traballo Melancholia
- (2011) Predefinição:Robert prisen de melhor atriz (pt) , premiado polo traballo Melancholia
- (2003) Prémio MTV Movie de melhor beijo (pt) , premiado polo traballo Spider-Man
- (2003) vencedores do MTV Movie Award de melhor ator (pt) , premiado polo traballo Spider-Man
- (2003) Empire Award for Best Actress (en) , premiado polo traballo Spider-Man
- (1995) Saturn Award for Best Performance by a Younger Actor (en) , premiado polo traballo Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles
- (1995) vencedores do MTV Movie Award de melhor revelação (pt) , premiado polo traballo Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles
- estrela no Paseo da Fama de Hollywood
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Kirsten Caroline Dunst nada en Point Pleasant (Nova Jersey) o 30 de abril de 1982, é unha actriz, cantante e modelo xermano-estadounidense.[1][2] Comezou no cine con Oedipus Wrecks, unha curtametraxe dirixida por Woody Allen para New York Stories (1989). Con 12 anos, Dunst acadou un gran recoñecemento pola súa interpretación de Claudia en Interview with the Vampire (1994), un papel polo que foi nomeada ó Globo de Ouro á mellor actriz secundaria. Apareceu tamén en Little Women ese mesmo ano, e en Jumanji o seguinte. Despois de papeis secundarios na serie de televisión ER (1996) e filme como Wag the Dog (1997), Small Soldiers (1998) e The Virgin Suicides (1999), Dunst comezou a aparecer en comedias románticas e dramas, protagonizando Drop Dead Gorgeous (1999), Bring It On (2000), Get Over It e Crazy/Beautiful (ámbolos dous de 2001).
Dunst acadou a fama internacional pola interpretación de Mary Jane Watson na triloxía de Sam Raimi Spider-Man (2001–2007). Dende entón apareceu na comedia romántica Wimbledon (2004), o filme de ciencia ficción Eternal Sunshine of the Spotless Mind (2004) e na traxicomedia de Cameron Crowe Elizabethtown (2005). Gañou o premio á mellor actriz no Festival de Cannes e o Premio Saturn polo filme de Lars von Trier Melancholia (2011).
- ↑ "Deutsche Staatsbürgerschaft: Willkommen, Frau Dunst!". Spiegel Online. 30 de setembro de 2011. Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ "Kirsten Dunst". EthniCelebs. Retrieved December 10, 2013.