Северно Косово / Severno Kosovo (sr) Kosova Veriore (sq) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Mitrovica | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 79.910 (79.354,52 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua serbia lingua albanesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1,007 km² | ||||
Moeda | Dinar serbio | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Kosovo do Norte (en serbio: Северно Косово, Severno Kosovo; en albanés: Kosova Veriore) é a denominación non oficial dunha rexión situada ao norte de Kosovo,[1] e que está habitada principalmente por persoas de etnia serbia, a diferenza do resto do territorio, que posúe na súa gran maioría poboación de orixe albanesa. A zona tamén se coñece como Ibarski Kolašin (albanés: Kollashini i Ibrit), un topónimo que precede á partición política.[2][3]
Kosovo do Norte comprende principalmente os municipios de Leposavić, Zvečan e Zubin Potok e parte do territorio de Kosovska Mitrovica situado ao norte do río Ibar. A súa principal cidade es Kosovska Mitrovica, que está dividida entre ambos os grupos étnicos. Contén a maior proporción de serbios dentro de Kosovo, territorio disputado que declarou a súa independencia sen ser recoñecido por Serbia, que reclama a soberanía sobre o mesmo. Debido, entre outras moitas razóns de natureza política, económica, social, cultural etc., ademais da xeográfica, no sentido de que é o único territorio con maioría serbia contigua a este país, funciona con estruturas políticas paralelas dependentes do goberno de Belgrado e non recoñece ás instaladas por Pristina. As autoridades de orixe serbia coordínanse a través da Asemblea Comunitaria de Kosovo e Metohija.[4] A policía, en tanto, segue a cargo das forzas multinacionais de EULEX e KFOR.
A pesar do estancamento do proceso do status de Kosovo, en repetidas ocasións demandouse a formalización da partición como unha solución permanente.[5][6]