Krasna zemljo | |
---|---|
En galego: Fermoso país | |
Himno de | Istria |
Letra | Ivan Cukon 1912 |
Música | Matko Brajša Rašan |
Adoptado | 23 de setembro de 2002 |
Krasna zemljo é un dos símbolos da rexión croata de Istria. A letra foi escrita por Ivan Cukon en 1912, e a música foi composta por Matko Brajša Rašan. A canción foi ideada como o Himno da Compañía de Cirilo e Metodio, e despois converteuse no himno non oficial da rexión.
A canción foi amplamente aceptada como himno, e a asemblea do Condado de Istria proclamouna himno rexional de Istria o 23 de setembro de 2002. Malia que Istria adoptou oficialmente o bilingüismo croata-italiano, o himno só está en croata.