PDB 1imo | |
Identificadores | |
Símbolo | LIG3 |
Símbolos alt. | LIG2, DNA ligase 3 |
Entrez | 3980 |
RefSeq | NP_002302 |
UniProt | P49916 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 17 17q12(34.98 – 35.01 Mb) |
A ADN ligase 3 é un encima que nos humanos está codificado polo xene LIG3 do cromosoma 17.[1][2] O xene LIG3 humano codifica ADN ligases dependentes do ATP que selan as interrupcións que se producen no esqueleto fosfodiéster da dobre hélice do ADN.
Hai tres familias de ADN ligases dependentes do ATP en eucariotas.[3] Estes encimas utilizan o mesmo mecanismo de reacción en tres pasos: (i) formación dun intermediario covalente encima-adenilato; (ii) transferencia do grupo adenilato ao 5’-fosfato terminal dunha amosega no ADN; (iii) formación dun enlace fosfodiéster. A diferenza dos membros das familias de LIG1 e LIG4, que se encontran en case todos os eucariotas, os membros da familia de LIG3 están menos amplamente distribuídos.[4] O xene LIG3 codifica varias especies de ADN ligases distintas xeradas por mecanismos de iniciación da tradución alternativa e empalme alternativo que se describen máis abaixo.