O Mercat de Sant Josep (en galego: Mercado de San Xosé), popularmente coñecido como La Boqueria, é un mercado municipal que se atopa en La Rambla de Barcelona (Cataluña). Ademais dun lugar onde comprar todo tipo de produtos frescos, é tamén unha atracción turística.
Ten unha superficie de 2.583 m² con máis 300 postos ofrecendo unha gran variedade de produtos locais e exóticos, tanto aos compradores particulares como aos restauradores da cidade. É o mercado máis grande de Cataluña, o máis variado en oferta alimentaria e tamén o máis visitado polos turistas.[1]