Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès | ||||
Concello | Barcelona | ||||
Distritos (pt) | Sants-Montjuïc | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 19.451 (2021) (33.710,57 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 57,7 ha | ||||
La Bordeta é un barrio do distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona. O barrio está situado entre o barrio de Sants e L'Hospitalet de Llobregat, na parte baixa do antigo municipio de Sants. Era unha zona mixta de vivendas e pequenos talleres industriais, sen contar a antiga fábrica de Joan Batlló, coñecida como Can Batlló.
La Bordeta naceu dun antigo edificio no pé do camiño e ao lado da Riera Blanca, que no século XVI servía de hostal. O barrio acolleu a primeira chegada de obreiros indutriais cando a cidade comezou a primeira industrialización.
Nos últimos anos estase a desenvolver un importante proceso de reurbanización da Praza Cerdà e os seus arredores. Estas transformacións foron criticadas desde varias asociacións de veciños e veciñas da zona.