La Plata

Modelo:Xeografía políticaLa Plata
Imaxe

Nomeado en referencia aEva Perón Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 34°56′S 57°57′O / -34.93, -57.95Coordenadas: 34°56′S 57°57′O / -34.93, -57.95
EstadoArxentina
Provincia da ArxentinaProvincia de Buenos Aires
Partido da provinciaPartido de La Plata Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación756.074 (2022) Editar o valor en Wikidata (28.002,74 hab./km²)
Xeografía
Superficie27 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude26 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorDardo Rocha Editar o valor en Wikidata
Creación19 de novembro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1900 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico0221 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

BNE: XX454251

La Plata é unha cidade arxentina, capital da provincia de Buenos Aires e do Partido de La Plata, situada a 56 km ó sueste de Buenos Aires. É coñecida como a «Cidade das Diagonais» ou a «Cidade dos Tilos»[1].

A cidade foi deseñada para servir como capital da provincia despois de que a cidade de Buenos Aires fose declarada Distrito Federal en 1880. É o principal centro político, educativo e administrativo da provincia. Segundo o censo feito polo Instituto Nacional de Estadística y Censos (INDEC), en 2001 tiña 186.527 habitantes, e o seu aglomerado urbano (Gran La Plata), composto polo partido homónimo, Ensenada e Berisso, 694.253 habitantes.[2].

La Plata foi fundada oficialmente polo gobernador Dardo Rocha o 19 de novembro de 1882 e a súa construción foi totalmente documentada en fotografías por Tomas Bradley.[3] Entre os anos 1952 e 1955, a cidade chamouse Ciudad Eva Perón.

Esta cidade planificada é recoñecida polo seu trazado, un cadrado perfecto co Eixo Histórico conservado até hoxe en forma intacta; ó igual que o deseño sobresaínte das diagonais que o atravesan formando rombos dentro do seu contorno, fragas e prazas colocadas con exactitude cada seis bloques.

  1. "La ciudad de las diagonales, los tilos y los estornudos" (PDF). Diario Hoy (en castelán). 2 de novembro de 1998. p. 20. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2011. .
  2. Estimaciones de población total por departamento y año calendario Período 2001-2010 Arquivado 09 de abril de 2014 en Wayback Machine. (acceso o 11 de xaneiro de 2009) (en castelán).
  3. "Curiosidades 1882 a 1912 - 2". La Plata Mágica. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2010. Consultado o 23 de outubro de 2010. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy