Lago Baikal

Modelo:Xeografía físicaLago Baikal
(bxr) Байгал далай
(bxr) Байгал нуур
(ru) озеро Байкал
(mn) Байгал нуур
(mn) ᠪᠠᠶᠢᠭᠠᠯᠢ ᠳᠠᠯᠠᠢ
(mn) Байгал далай Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
País da cuncaRusia e Mongolia Editar o valor en Wikidata
División administrativaBuriatia, Rusia e oblast de Irkutsk, Rusia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°18′10″N 108°00′17″L / 53.3028, 108.0047
Comparte fronteira conTransbaikal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Efluente do lagoRío Angara Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaYenisey basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude455,5 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade1.642 m Editar o valor en Wikidata
Dimensiónsmáximo: 79 (ancho) × 636 (lonxitude) km
Perímetro2.125 km Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata  (−1.186,5 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie31.722 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica560.000 km² Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Europa-América do Norte
Data1996 (20ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (viii), (ix) e (x) Editar o valor en Wikidata
Identificador754
Medicións
Volume físico23.615,39 km³ Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450740

O lago Baikal (ruso: о́зеро Байка́л, Ózero Baykal; buriato: Байгал нуур, Baigal nuur; mongol: Байгал нуур, Baigal nuur, etimoloxicamente o significado en mongol e "o lago da natureza"[1]) é un lago de orixe tectónica localizado no sur da Siberia oriental (Rusia), entre o Óblast de Irkutsk no noroeste e a República dos Buriatos no sueste, preto da cidade de Irkutsk. O seu nome deriva do tártaro Bai-Kul, «lago rico». Na tradición rusa, o lago é chamado «mar», e nas linguas buriata e mongol é chamado «Dalái-Nor», ou «Mar Sagrado»[2]. Tamén se lle chama o Ollo azul de Siberia e a Perla de Asia pola calidade das súas augas, que foi das mellores do planeta e que está perdéndoa progresivamente debido á contaminación.

Este lago forma parte do sistema fluvial Ienisei-Angara-lago Baikal-Selenga-Ider, que ten unha lonxitude de 5 539 km e considérase o quinto río máis longo do mundo, tralo Amazonas, Nilo, Yangtzé e o Mississippi-Missouri.

O Baikal é o lago do mundo que máis auga doce contén, arredor do 22-23% da auga doce mundial non conxelada[3][4][5]. Con 23 615,39 km3 de auga doce[6], contén máis auga que todos os Grandes Lagos de Norteamérica[7]. Cunha profundidade máxima de 1 642 m[6], o Baikal é tamén o lago máis profundo do mundo[8]. Está considerado como un dos lagos con menor turbidez do mundo[9] e o máis antigo[10] cunha idade de 25–30 millóns de anos[11][12]. Ao igual co Lago Tanganica, o Baikal formouse nun antigo foso tectónico tendo a típica forma longa e crecente e ocupando unha superficie 31 722 km2[6], que o converten no sétimo maior lago do mundo.

O lago Baikal foi declarado pola UNESCO Patrimonio Mundial da Humanidade en 1996[11].

A área pouco definida arredor do lago é ás veces coñecida como Baikalia. É menos común que o concepto de Transbaikalia ou Dauria, a rexión ao leste do Baikal, fogar de miles de especies vexetais e animais, moitas das cales son endémicas da rexión[13]. É tamén o fogar dos buriatos[14][15], criando gando, cabras, camelos, ovellas e cabalos[15], onde a temperatura varía desde un mínimo de -19 °C ata un máximo de 14 °C[16].

  1. Murphy, Dervla (2007). Silverland: A Winter Journey Beyond the Urals (en inglés). Londres: Hodder. p. 173. ISBN 0719568293. 
  2. Janire Manzanas (17/11/2019). "¿Cuál es el lago más profundo del mundo?". okdiario (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  3. "Unique aquarium on Lake Baikal". Sputnik News (en inglés). 23 de xuño de 2004. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  4. Schwarzenbach, Rene P.; Gschwend, Philip M.; Imboden, Dieter M. (2003). Environmental Organic Chemistry (en inglés) (2ª ed.). Wiley Interscience. p. 1052. ISBN 9780471350538. 
  5. Tyus, Harold M. (2012). Ecology and Conservation of Fishes (en inglés). CRC Press. p. 116. ISBN 978-1-4398-9759-1. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Ghent University, Ghent, Belgium; Consolidated Research Group on Marine Geosciences (CRG-MG); University of Barcelona, Spain; Limnological Institute of the Siberian Division of the Russian Academy of Sciences, Irkutsk, Russian Federation; State Science Research Navigation-Hydrographic Institute of the Ministry of Defense, St. Petersburg, Russian Federation. Ghent University, Ghent, Belgium, ed. "A new bathymetric map of Lake Baikal. Morphometric Data". INTAS Project 99-1669 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  7. Bright, Michael; Mastsuura, Koichiro (2017). Bright, Michael, ed. 1001 natural wonders you must see before you die (en inglés). Chartwell Books. p. 620. ISBN 0785835830. 
  8. geology.com (ed.). "Deepest Lake in the World" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  9. Jung, J., Hojnowski, C., Jenkins, H., Ortiz, A., Brinkley, C., Cadish, L., Evans, A., Kissinger, P., Ordal, L., Osipova, S., Smith, A., Vredeveld, B., Hodge, T., Kohler, S., Rodenhouse, N. and Moore, M. (2004). "Diel vertical migration of zooplankton in Lake Baikal and its relationship to body size". En Smirnov, A.I.; Izmest'eva, L.R. Ecosystems and Natural Resources of Mountain Regions. Proceedings of the first international symposium on Lake Baikal: The current state of the surface and underground hydrosphere in mountainous areas. "Nauka", Novosibirsk, Russia (PDF) (en inglés). pp. 131–140. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xuño de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  10. United States Geological Survey (ed.). "Lake Baikal – A Touchstone for Global Change and Rift Studies" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 30 de xaneiro de 2020 2016. 
  11. 11,0 11,1 "Lake Baikal – UNESCO World Heritage Centre" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  12. "Lake Baikal: Protection of a unique ecosystem". ScienceDaily (en inglés). 26 de xullo de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  13. Ghent University, Ghent, Belgium; Consolidated Research Group on Marine Geosciences (CRG-MG); University of Barcelona, Spain; Limnological Institute of the Siberian Division of the Russian Academy of Sciences, Irkutsk, Russian Federation; State Science Research Navigation-Hydrographic Institute of the Ministry of Defense, St. Petersburg, Russian Federation. Ghent University, Ghent, Belgium, ed. "A new bathymetric map of Lake Baikal. Introduction". INTAS Project 99-1669 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  14. Hammer, M.; Karafet, T. (1995). Smithsonian Institution, ed. "DNA & the peopling of Siberia". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  15. 15,0 15,1 Hudgins, Sharon (2004). The Other Side of Russia: A Slice of Life in Siberia and the Russian Far East (en inglés). Texas A&M University Press. p. 125. ISBN 978-1-58544-404-5. 
  16. Fefelov, I.; Tupitsyn, I. (agosto de 2004). "Waders of the Selenga delta, Lake Baikal, eastern Siberia" (PDF). Wader Study Group Bulletin (en inglés) 104: 66–78. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in