Un lapis[1] ou lapiseiro[2] é un instrumento de man utilizado para escribir ou debuxar, usualmente sobre papel.
Consta dunha variña de grafito (excepto para lapis de cor) e arxila, a cal é normalmente recuberta cunha capa de madeira. Os lapis poden ter tamén unha goma de borrar nun dos seus extremos, xa que a diferenza da pluma estilográfica ou o bolígrafo, o trazo do lapis pode ser borrado con facilidade.
A dureza da mina, e polo tanto a capacidade de escribir un trazo máis escuro, mídese coas siglas H e B, o B é mais brando, normalmente en debuxo artístico úsanse a B1, B2..., e o lapis común ten de siglas HB. Ademais, a dureza está en relación ás cantidades de grafito e arxila na mestura.