Larva

Larva de libeliña no fondo dun relanzo.

En bioloxía chámase larva a calquera forma dun animal en desenvolvemento (ou sexa, que aínda non atinxiu a maduración sexual que é diferente do estado adulto).

A larva pode ter un aspecto semellante ao adulto ou ter formas completamente diferentes, como é o caso dos estados larvarios das bolboretas ou da libeliña. En calquera caso, aínda que a larva non posúe capacidade reprodutiva e non ten aínda totalmente formados tódolos órganos que caracterizan a especie, pode ter órganos que o adulto non ten.

O proceso de transición dun estado larvario a outro, ou ó estado adulto, chámase metamorfose.

Os mamíferos, aves e réptiles, colectivamente clasificados como Amniotas por teren en estado de embrión unha membrana chamada amnio, non presentan estados larvarios, presentan só un estado xuvenil. Cando o ovo eclosiona, ou sexa, cando o individuo nace, ten xa tódolos órganos que posúen os adultos, inda que poidan non estar totalmente formados.

A única estrutura que o xuvenil dos Amniota pode posuír e que perde a seguir á eclosión é un "dente" córneo na extremidade da cabeza que o axuda a quebrar a casca do ovo, no caso de que a súa membrana exterior estea calcificada, como ocorre coas aves e algúns réptiles.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in