Latino sine flexione | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Interlingua de Peano | |
Creado por: | Giuseppe Peano | 1887–1914 |
Emprego e uso: | Lingua auxiliar internacional | |
Total de falantes: | sen datos | |
Posición: | Non se atopa entre os 100 primeiros. | |
Categoria (propósito): | Lingua auxiliar | |
Regulado por: | Academia pro Interlingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: |
| |
Mapa | ||
Status | ||
Latino sine flexione (latín sen flexión, abreviado LSF), tamén chamado Interlingua de Peano (abreviado IL), é unha lingua auxiliar presentada polo matemático italiano Giuseppe Peano no ano 1903. É unha versión simplificada da lingua latina, libre de flexións nominais e verbais: a nivel de vocabulario, utiliza unicamente a forma ablativa dos nomes e a forma imperativa dos verbos; a nivel de gramática, utiliza preferentemente partículas gramaticais (por exemplo, a preposición de expresa xenitivo).
O esbozo inicial foi publicado na Rivista dei Matematica / Revue de Mathématiques, baixo o título Latino sine Flexione, Lingua Auxiliare Internationale. Peano argumenta que outras linguas auxiliares son innecesarias, xa que xeralmente a lingua latina xa achega a terminoloxía científica internacional. O artigo empeza en latín clásico, e gradualmente suprime as diversas flexións gramaticais, mostrando así a aplicación práctica da idea.