O tempo de lecer, tamén coñecido como tempo libre ou de ocio, é aquel que se pasa fóra do traballo e da actividade doméstica esencial. É o período de tempo discrecionario antes ou despois das actividades compulsivas. Calcúlase que en sociedades industriais os adultos traballadores gastan arredor dun 30% do seu tempo en actividades de lecer[1].
A distinción entre o lecer e as actividades compulsivas é aplicado de forma flexible, a xente ás veces realiza cousas que chama "traballo" en forma pracenteira.
Para que unha experiencia poida ser chamada de lecer, ten que cumprir 3 condicións principais: