Orixe | Londres, Inglaterra |
---|---|
Período | 1968-1980 |
Xénero(s) | Rock, Hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Atlantic Records Swan Song |
Membros | Jimmy Page John Paul Jones Robert Plant John Bonham † |
Na rede | |
Led Zeppelin | |
|
Led Zeppelin foi un grupo de rock inglés fundado en 1968 polo guitarrista Jimmy Page trala disolución do seu anterior grupo, The Yardbirds. Coa colaboración do baixista John Paul Jones, ó que xa coñecía de antigos traballos, a inclusión de Robert Plant como vocalista e John Bonham como batería, quedaría conformada unha das bandas máis importantes da historia do rock, fundadores do Hard rock e mesmo do heavy metal. Tamén en toda a súa discografía se inclúen influencias de blues, reggae, soul, funk, jazz, música celta, folk e country.
Moitos anos despois da súa disolución en 1980, os seus discos aínda se seguen vendendo e continúan a ser un grupo de grande influencia na música actual. Teñen vendido ó redor de 109 millóns de discos nos Estados Unidos[1] e calcúlase que uns 300 millóns en todo o mundo[2].