Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
A Princesa Leia Organa é unha personaxe de ficción da saga Star Wars interpretada pola actriz Carrie Fisher na triloxía orixinal dos 80, na triloxía de precuelas e na primeira triloxía logo da compra de LucasFilm por parte de Disney.
Nada como Leia Skywalker e chamada despois Leia Organa é filla da senadora Padmé Amidala e do Cabaleiro Jedi Anakin Skywalker, é irmá xemelga de Luke Skywalker e esposa de Han Solo. Foi adoptada polo senador Bail Prestor Organa e a súa esposa Breha despois do falecemento da súa nai no parto e a transformación do seu pai en Darth Vader.