Libreto

Libreto de 1921.

Un libreto, do italiano libretto, é o texto empregado nunha obra musical do tipo ópera, opereta, musical, oratorio ou cantata.

Libretto, cuxo plural é libretti, é unha palabra italiana que significa literalmente libriño. Inclúe tanto as palabras das partes cantadas como das faladas e é diferente dunha sinopse ou do guión da trama da obra.

O autor dun libreto é chamado libretista.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in