Tipo | professional sports league (en) |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Liga inferior | Mestis e I-divisioona (en) |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Vixencia | 1975 – |
Calendario da tempada | setembro – abril |
Outro | |
Páxina web oficial | liiga.fi |
A Liiga (anteriormente denominada Suomen Mestaruus Liiga ou SM-liiga en finés) é a máxima liga profesional de hóckey sobre xeo de Finlandia, e unha das ligas máis famosas nesa modalidade en Europa, sendo catalogada pola IIHF como a segunda mellor liga nacional máis importante do continente por detrás da Svenska hockeyligan (SHL), e a cuarta mellor do mundo por detrás das ligas internacionais National Hockey League (NHL) e Kontinental Hockey League (KHL).[a][1]
Creada en 1975 para desenvolver a profesionalización do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga substituíu o campionato de afeccionados (na práctica, semiprofesional), a SM-sarja, e na súa tempada inaugural competiron dez equipos, número que foi progresivamente aumentando ata os 15 que a conforman dende a tempada 2015-16. A SM-Liiga ten un acordo coa Federación Finesa de Hóckey sobre xeo, polo que está considerada coma o campionato principal do país. Ademais, o hóckey sobre xeo está considerado un dos deportes nacionais de Finlandia.
O equipo campión recibe a Kanada-malja (Copa Canadá). Dende a súa creación, a liga estivo dominada principalmente por tres equipos: Tappara (10 títulos e 9 subcampionatos), TPS (10 títulos e 7 subcampionatos) e Kärpät (8 títulos e 2 subcampionatos), que suman un total de 28 títulos ao inicio da tempada 2019-20.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/>
correspondente