Lilium

Lilium, é un xénero de plantas comunmente coñecidas coma azucenas[1][2], existen unhas 110 especies no xénero, que se inclúe dentro da familia das liliáceas.

O nome común galego azucena adoita, porén, reservarse á especie do xénero: Lilium candidum, planta ornamental con bulbo, de talo alto, estreitas follas longas e flores en acio, olorosas e brancas, vermellas ou amarelas[3].

  1. Nome vulgar galego das especies do xénero en Fonte Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000: nome común de diversas plantas monocotiledóneas, pertencentes ás familias das liliáceas (xéneros Lilium e Hemerocallis), amarilidáceas (xéneros Alstromeria, Amaryllis, Polianthes, Sternbergia e Zephirantes) apocináceas (xénero Macrosiphonia) e orquidáceas (xén. Codonorchis), todas elas moi apreciadas como ornamentais.
  2. O nome azucena corresponde logo a moitas especies de diferentes xénero, polo que optamos por darlle ao artigo o nome xenérico científico
  3. Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004; e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy