Lingua belarusa

Belaruso
беларуская мова, "biełaruskaja mova"
Falado en: Belarús, e partes de Polonia.
Rexións: Europa
Total de falantes: 8 millóns (censo de 2009)
Posición: non está entre as 100 maiores
Familia: Indoeuropea
 Baltoeslava
  Eslava
   Eslava oriental
    Belaruso
Escrita: Alfabeto cirílico
Status oficial
Lingua oficial de: Belarús
Polonia (falada en 14 condados)
Regulado por: Academia Nacional de Ciencias da Belarús
Códigos de lingua
ISO 639-1: be
ISO 639-2: bel
ISO 639-3: bel
SIL: RUW
Mapa
Status

O belaruso está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O belaruso ou bielorruso[2] (беларуская мова, biełaruskaja mova) é unha lingua eslava oriental e lingua oficial de Belarús xunto co ruso. Durante breves períodos da historia contemporánea de Belarús foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de 1990 a 1995[3] foi a única lingua oficial. Era coñecido antigamente como rutenio branco ou ruso branco.

Etnicamente, os belarusos son descendentes das antigas tribos eslavas -os dregovici, os radimici e os krivici- que habitaban o territorio entre os ríos Pripet e Dwina Occidental na marxe setentrional do Dniéper e ao largo do Soz.

Lingua belarusa
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para belaruso.
  3. Xosé Henrique Costas Guía das linguas de Europa. Positivas, 2002, páxina 51

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy