Lingua casaca

Casaco
'Қазақ тілі/Qazaq tili'
Falado en: Casaquistán, China, Mongolia, Afganistán, Taxiquistán, Turquía, Turkmenistán, Ucraína, Uzbekistán, Rusia e Irán
Rexións: Asia central
Total de falantes: 8 millóns
Posición: 93
Familia: Altaica
 Turco
  Kipchak
   Kipchako-nogay
    Casaco
Status oficial
Lingua oficial de: Casaquistán
Regulado por: Non regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: kk
ISO 639-2: kaz
SIL: KAZ
Mapa
Status

O casaco está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua casaca ou casaco é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe na China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante a década de 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Casaquistán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia chinesa de Xinjiang, Mongolia, Kirguizistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Ucraína e Rusia. No 2000 era lingua materna de 11 000 000 de falantes aproximadamente, aínda que segundo outras fontes hai aproximadamente 8,5 millóns de falantes. Dende a segunda metade do século XX, Alemaña ten unha comunidade de falantes de casaco. Esta comunidade está constituída principalmente polos descendentes de alemáns do Volga que foron deportados a campos de concentración e Gulags en Casaquistán desde 1941 por decreto de Stalin e que, podendo sobrevivir, mesturáronse coa poboación local ou adoptaron a súa cultura, e máis tarde volveron a Alemaña.

Qazak significa vagabundo; o pobo casaco que fala este idioma foi historicamente nómade.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy