Diula Julakan | ||
---|---|---|
Falado en: | Burkina Faso, Costa do Marfil e Malí | |
Total de falantes: | 6 852 620 (2019)[1] 10,3 millóns como segunda lingua | |
Familia: | Níxer-congo Mandé Mandé occidental Mandinga Mandinga oriental Bambara–diula Diula | |
Escrita: | alfabeto árabe, alfabeto latino e n'ko | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | dyu | |
ISO 639-3: | dyu
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua diula (tamén dioula, dyula, yula ou jula) é unha lingua da familia mandé autóctona de Costa do Marfil, Malí e principalmente de Burkina Faso. Tradicionalmente foi unha lingua comercial en África Occidental como primeira ou segunda lingua. Utilízase xeralmente para comerciar e como forma de comunicación dentro das tribos coexistindo co francés, que é idioma oficial.
Outros dos idiomas ou dialectos falados na zona son: yacuba, senufo, baoulé e anyi. Está relacionado coa lingua bambara da mesma forma que o está o inglés británico do inglés estadounidense. Tamén é mutuamente intelixible co malinké.
Existen tres tipos de escritura para o diula: unha baseada en alfabeto árabe, outra baseada no alfabeto latino e outra máis nun alfabeto autóctono chamado n'ko.