Eslovaco slovenčina | ||
---|---|---|
Falado en: | Eslovaquia, República Checa, Hungría, Serbia, Montenegro, Polonia, Romanía, Ucraína. | |
Total de falantes: | 5,6 millóns | |
Familia: | Indoeuropea Balto-eslava Eslava Eslava occidental Checo-eslovaca Eslovaco | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Eslovaquia Unión Europea | |
Regulado por: | Instituto Ľudovít Štúr | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | sk
| |
ISO 639-2: | slo (B) | slk (T) |
ISO 639-3: | slk
| |
SIL: | SLO
| |
Mapa | ||
Status | ||
O eslovaco[2] (slovenčina, slovenský jazyk) é unha lingua eslava falada principalmente na República de Eslovaquia. Pertence ao grupo das linguas eslavas occidentais. É próximo do checo na escrita, mais difire fonética e gramaticalmente. A maioría dos adultos eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente sen dificultade, tendo estado en contacto coas dúas linguas por medio da radio e da televisión nacionais, ata a partición de Checoslovaquia no 1993. Aqueles que non viviron esta situación, en particular os máis novos, poden experimentar dificultades de comprensión. É próximo tamén do polaco, e en xeral existe unha intercomprensión máis ou menos doada con todas as linguas eslavas occidentais e meridionais (esloveno, serbocroata etc.)
Non hai que confundilo co esloveno (slovenščina), xa que aínda que é outra lingua do grupo eslavo trátase de dúas linguas distintas. O esloveno forma parte do grupo do eslavo meridional occidental (como o serbocroata), mentres que o eslovaco é parte do eslavo occidental como o citado checo ou o polaco.
O eslovaco utiliza un alfabeto latino modificado, con signos diacríticos para anotar certos sons.