Galaico | ||
---|---|---|
Falado en: | Gallaecia | |
Total de falantes: | Lingua morta | |
Familia: | Indoeuropea Celta Celta continental Hispanocelta Galaico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
O galaico,[1] tamén coñecido como hispanocelta do noroeste, foi unha lingua celta (do tipo Q)[2][3] ou un grupo de linguas e dialectos, emparentados co celtibérico, falada a comezos da era cristiá no cuadrante noroeste da Península Ibérica, máis especificamente entre a costa atlántica do oeste e o norte e unha liña imaxinaria que corta a península de norte a sur, ligando as actuais cidades de Oviedo e Mérida.[4][5] Así como ocorre co ilirio e o lígur, o corpus que se conserva está composto de palabras illadas e frases curtas atopadas en inscricións locais (en latín) ou glosadas por autores clásicos, xuntamente con onomástica (antropónimos, etnónimos, teónimos, topónimos) tamén atopada en inscricións, ou que sobreviviu até o presente en nomes de lugares, ríos ou montes. Diversas palabras de orixe céltica tamén foron preservadas polas linguas románicas locais (entre elas, o galego), e é probable que fosen herdadas destes dialectos celtas-Q.[6]