Ge'ez ግዕዝ | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [ɡɨʕɨz] | |
Outros nomes: | Gəʿəz | |
Falado en: | Etiopía e Eritrea | |
Rexións: | África oriental | |
Extinción: | Crese que existiu entre os séculos IV[1] e X.[2] | |
Familia: | Afroasiática Semítica Meridional Ge'ez | |
Escrita: | Escrita ge'ez | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Lingua litúrxica da Igrexa etíope tewahedo, Igrexa eritrea tewahedo, Igrexa católica etíope, Igrexa católica eritrea e Beta Israel[3] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | gez | |
ISO 639-3: | gez
| |
Mapa | ||
Status | ||
O ge'ez[4] (ግዕዝ, gəʿəz) é unha antiga lingua semítica meridional que xurdiu en Eritrea e na rexión norte de Etiopía, no Corno de África. Foi a lingua oficial do Reino de Aksum e da corte imperial etíope.
Hoxe, o ge'ez mantense como lingua litúrxica da Igrexa etíope tewahedo, da Igrexa eritrea tewahedo, da Igrexa católica etíope, da Igrexa católica eritrea, e da comunidade xudía Beta Israel. Porén, o amhárico etíope (a principal lingua franca da moderna Etiopía) ou outras linguas locais, poden ser empregadas para os sermóns. O tigriña e o tigré están estreitamente relacionadas co ge'ez.[5] Porén, algúns lingüistas non cren que o ge'ez constitúa o devanceiro común das linguas etíopes modernas, senón que o ge'ez converteuse nunha lingua separada a partir dunha hipotética lingua non atestada,[6] e que en realidade é unha lingua irmá extinta do tigré e o tigriña.[7]