Lingua hindi

Hindi
हिन्दी
Falado en: India
Rexións: Sueste asiático
Total de falantes: 480 millóns nativos, 800 millóns ao todo
Posición: 4
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Hindi
Status oficial
Lingua oficial de: India
Regulado por: Central Hindi Directorate [1]
Códigos de lingua
ISO 639-1: hi
ISO 639-2: hin
SIL: HIN
Mapa
Status

O hindi está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O hindi[2] (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India. É unha lingua indoeuropea, da familia Indoirania. Evolucionou a partir dos idiomas prákritos da Idade Media (indoario medio) e, indirectamente, do sánscrito, do cal toma gran parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico. A consecuencia da influencia musulmá no Norte da India, contén tamén un elevado número de empréstitos do persa, do árabe e do turco.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada hindi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2017. Consultado o 07 de abril de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy