Lingua hindustana

Hindustano
हिन्दुस्तानी, ہندوستانی
Pronuncia:/hɪnd̪ʊst̪aːni/
Outros nomes:Hindi-Urdú
Falado en: India, Paquistán e países con inmigración destes estados (Fidxi, Güiana, Suriname,...)
Rexións: Sur de Asia
Total de falantes: 250 millóns como lingua materna (censos de 2011 e 2017)[1] e arredor de 540 millóns incluíndo os falantes como segunda lingua[2]
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Idiomas hindi occidentais
    Hindustano
Escrita: Alfabeto persa (alfabeto urdú)
Devanágari (alfabeto hindi)
Status oficial
Lingua oficial de: India India (como hindi ou urdú) e
Paquistán (como urdú)
Regulado por: Central Hindi Directorate (hindi na India)
National Language Authority (urdú en Paquistán)
National Council for Promotion of Urdu Language (urdú na India)
Códigos de lingua
ISO 639-1: hi, ur
ISO 639-2: ---
Mapa
Áreas onde o urdú é lingua oficial ou cooficial (laranxa) e onde o hindi é oficial (amarelo).
Status

O hindustano[3] (हिन्दुस्तानी, ہندوستانی, literalmente: 'do Hindustán')[4], tamén coñecido na súa forma literaria como "hindī-urdū" (هندی اردو, हिंदी उर्दू) e historicamente como "hindui", "hindavi" e "rekhta", é unha lingua indoirania e a lingua franca do norte da India e Paquistán.[5][6] É unha lingua pluricéntrica, con dúas formas oficiais, o hindi estándar e o urdú estándar,[7] que son rexistros estandarizados dela. Non obstante, o hindi e o urdú coloquiais son totalmente indistinguibles, e incluso os estándares oficiais son case idénticos gramaticalmente, aínda que difiren en convencións literarias e en vocabulario académico e técnico, mantendo o urdú máis influencias persas, árabes e de Asia Central e o hindi dependendo máis do sánscrito.[8][9] O concepto da lingua hindustana como unha lingua unificada ou como lingua de fusión foi avalado por Mahatma Gandhi.[10] En 2020, o hindi e o urdú xuntos posicionábanse como a terceira lingua do mundo con máis falantes, só por detrás do inglés e o chinés mandarín, segundo o Ethnologue,[11]

  1. "Hindi" como primeira lingua: 322 millóns (censo da India de 2011), incluíndo posiblemente uns 150 millóns de persoas que falan outras linguas mais que marcaron "hindi" no censo. Como segunda lingua: 274 million (2016, fonte descoñecida). "Urdú" como primeira lingua: 67 millóns (censos de 2011 e 2017), como segunda lingua: 102 millóns (1999 en Paquistán, fonte descoñecida, e censo de 2001 da India): Ethnologue 21. Modelo:E21. Modelo:E21.
  2. Quiles, Carlos. "A Grammar of Modern Indo-European". Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hindustano.
  4. "About Hindi-Urdu". Universidade Estatal de Carolina do Norte. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 9 de agosto de 2009. 
  5. Mohammad Tahin Siddiqi (1994), Hindustani-English code-mixing in modern literary texts, University of Winsconsin, "... O hindustano é a lingua franca tanto da India como de Paquistán ..."
  6. Lydia Mihelič Pulsipher, Alex Pulsipher, Holly M. Hapke (2005), World Regional Geography: Global Patterns, Local Lives, Macmillan, ISBN 0716719045, "... Durante o colonialismo británico, o hindustano foi a lingua franca de todo o norte da India e do que hoxe é Paquistán ..."
  7. Robert E. Nunley, Severin M. Roberts, George W. Wubrick, Daniel L. Roy (1999), The Cultural Landscape an Introduction to Human Geography, Prentice Hall, "... o hindunstaní é a base de ámbalas dúas linguas ..."
  8. Yamuna Kachru, Hindi
  9. Dale Hoiberg, Indu Ramchandani, Students' Britannica: India: Select essays, páxina 175
  10. Mallikarjunan, Prabhu (3 de outubro de 2019). The Feral, ed. "After experiments with Hindi as national language, how Gandhi changed his mind". 
  11. "What are the top 200 most spoken languages?". 3 de outubro de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy