Ilocano | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /iːloʊˈkɑːnoʊ/ | |
Outros nomes: | Iloko, Iluko, Pagsasao nga Ilokano | |
Falado en: | Filipinas | |
Rexións: | Luzón | |
Total de falantes: | 9,1 millóns (2015) | |
Posición: | 88 | |
Familia: | Austronesia Malaio-polinesia Filipina Filipina do norte Luzón do norte Ilocano | |
Escrita: | alfabeto latino baybayin (histórico) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Lingua rexional de Filipinas | |
Regulado por: | Komisyon sa Wikang Filipino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ilo | |
ISO 639-3: | ilo
| |
Mapa | ||
Status | ||
O ilocano (Pagsasao nga Ilokano) é unha lingua malaio-polinesia que se fala en Filipinas. É a terceira lingua máis falada do país. É unha lingua austronesia e está relacionada co malaio (indonesio e malaisio), co tetum, co chamorro, co fidxiano, co maorí, co hawaiano, co samoano, tahitiano, co paiwan e co malgaxe. Está estreitamente con algunhas das linguas austronesias que se falan no norte de Luzón, e é mutuamente intelixible co balangao e cos dialectos orientais da lingua bontoc.[2]