Lingua kirundi

Kirundi
Ikirundi
Falado en: Burundi
Total de falantes: 8,8 millóns (2007)
Familia: Atlántico-congolesa
 Benue–congolesa
  Bantoide meridional
   Bantú
    Bantú nororiental
     Bantú dos Grandes Lagos
      Rwanda-Rundi
       Kirundi
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Burundi Burundi
Códigos de lingua
ISO 639-1: rn
ISO 639-2: run
ISO 639-3: run
Mapa
Status

O kirundi está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua kirundi ou rundi é unha lingua bantú falada por case 9 millóns de persoas en Burundi e en partes adxacentes de Tanzania e a República Democrática do Congo, así como en Uganda. É a lingua oficial de Burundi. Kirundi é mutuamente intelixible co ruanda, unha lingua oficial de Ruanda, e os dous forman un continuo dialectal coñecido como rwanda-rundi.[2]

Os habitantes de Ruanda e Burundi pertencen a diferentes grupos étnicos: os hutus inclúen ós bakiga e outras etnias relacionadas (84%), os tutsis (15%), e os twa (1%) (un pobo pigmeo). A lingua é propia e nativa dos hutu, malia que os outros grupos étnicos presentes no país, como os tutsi, twa e hema adoptaron o kirundi.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Ethnologue, 15th ed.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy