Lingua leonesa

Leonés
Llionés
Falado en: España
Rexións: León e Zamora
Total de falantes: 25.000 falantes
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Itálo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Ibero-románica
       Ibero-occidental
        Asturleonesa
         Leonés
Status oficial
Lingua oficial de: Recoñecida en Castela e León.
Regulado por: Non está regulado.
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O asturleonés está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O leonés (llionés ou llïonés[2]) é unha lingua románica desenvolvida a partir do latín vulgar e que forma parte do subgrupo lingüístico asturleonés xunto co mirandés e o asturiano. Tradicionalmente designouse co nome 'leonés' o dominio lingüístico todo[3]. Non hai conciencia entre os falantes das tres modalidades lingüísticas de constituíren unha única lingua, así e todo a Academia de la Llingua Asturiana procura fomentar unha converxencia entre os diferentes estándares do dominio[4], e tamén unha parte importante dos escritores leoneses que escriben nos seus dialectos propios adaptando as normas ortográficas da lingua asturiana, así o fan Eva González, Roberto González-Quevedo, Héctor Xil ou Xosepe Vega pero non existe unha norma común leonesa[5]. O leonés é a lingua patrimonial de gran parte da rexión leonesa, que comprende as provincias de León, Zamora e Salamanca.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Alonso, Héctor Villazala (agosto 11, 2017). "Fontina de Palabras: Manipulaciones y errores acerca de la lengua leonesa. PARTE I: la ï". Fontina de Palabras. Consultado o 2020-11-16. 
  3. Ramón Menéndez Pidal El dialecto leonés, 1906
  4. Carlos Valcárcel: Xeolingüística da periferia románica atlántica: linguas e lugares. Universidade de Santiago de Compostela, 2008, páxina 574
  5. J.R.Morala Rodríguez, José R. y Ma Cristina Egido Fernández (2009), “A vueltas con una norma para el leonés”, en José R. Morala (ed.), El Leónés en el siglo XXI. Un romance milenario ante el reto de su normalización, Instituto Castellano y Leonés de la Lengua, Colección Beltenebros, 23, pp. 209-241

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in