Lingua manx

Manx
Yn Ghaelg, Yn Ghailck
Pronuncia:/gɪlg/)
Falado en: Reino Unido
Rexións: Illa de Man
Total de falantes: 1.800 (2015)[1]
Posición: Non está entre as cen primeiras do mundo.
Familia: Indoeuropea
 Celta
  Insular
   Gaélica
    Manx
Status oficial
Lingua oficial de: Algún uso oficial por parte do Tynwald
Regulado por: Coonseil ny Gaelgey (consello da lingua manesa)
Códigos de lingua
ISO 639-1: gv
ISO 639-2: glv
ISO 639-3: glv
Mapa
Status

O manx está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua manx[3][4] (tamén coñecida como gaélico manx, Yn Ghaelg en manx) é unha lingua celta que se fala na illa de Man, unha pequena illa do Mar de Irlanda que constitúe unha dependencia autogobernada da coroa británica e que non pertence ao Reino Unido.

No século V, os goidélicos ou gaélicos, procedentes de Irlanda invaden a illa, traendo a súa lingua céltica, que, cos séculos, evolucionaría ata se converter na actual lingua manx, a cal tamén ten préstamos nórdicos, froito das sucesivas invasións viquingas: primeiro no século IX e logo unha segunda invasión viquinga procedente de Irlanda no século XI. A illa mantívose baixo dominación norueguesa ata a segunda metade do século XIII.

O illamento da illa e a súa dependencia da coroa inglesa (logo británica) a partir do século XIV fixeron que o manx adoptase unha grafía baseada no inglés e non noutros idiomas celtas.

A poboación conservou o seu idioma ata o século XVII, comezando a declinar no século XVIII [5] cando comezou a súa decadencia. En 1831 falábao regularmente o 30% da poboación; en 1901 só o falaban 970 persoas e o último falante nativo de manx, Ned Maddrell, morreu o 27 de decembro de 1974[6] á idade de 97 anos.

Hoxe en día, o manx sobrevive grazas a un pequeno número de persoas que o aprenderon como segunda lingua e que intentan potencialo fronte ao inglés, a súa lingua materna. En 2001 un 2.2% da poboación da Illa de Man, 1.689 de 76.315 habitantes, aseguraba poder desenvolverse en manés, aínda que en graos diversos. Non foi até 2003 cando o goberno pasou a introducilo oficialmente na escola. Actualmente, o manés é segunda lingua nas escolas primarias e secundarias, na universidade da Illa e no centro de estudos de manés. Alén diso, unha escola privada, o Bunscoill Ghaelgagh, ten o manés como lingua principal. Ademais, xa hai dúas ducias de rapazas e rapaces que teñen o manés como lingua materna.

  1. Sarah Whitehead. "How the Manx language came back from the dead | Education". The Guardian. Consultado o 25 de xuño de 2017. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "Entrada manx en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  4. "Dicionario Ir Indo". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2009. 
  5. R. L. Thomson The History of the Celtics Languages in the British Isles en Peter Trudgill Language in the British Isles. CUP Archive, 1984, páxina 257
  6. Mark Abley Spoken Here: Travels Among Threatened Languages. Houghton Mifflin Harcourt, 2005, páxina 96

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in