Chámase lingua morta ou lingua extinta a unha lingua que non é a lingua materna de ningún individuo, e polo tanto tampouco se usa en ningunha comunidade natural de falantes.
Algunhas linguas mortas continúan en certos usos, como segunda lingua, lingua clásica ou lingua litúrxica, aínda que a lingua xa non sexa adquirida por ninguén como lingua materna. Aínda neses casos a lingua non segue o camiño normal de evolución e desenvolvemento que ocorren ó longo do tempo nas linguas vivas.
O termo extinción lingüística resérvase xeralmente para describir o proceso de substitución lingüística polo cal unha lingua pode chegar a perder tódolos seus falantes.