Lingua neerlandesa

Neerlandés
Nederlands, Vlaams
Outros nomes:Holandés, flamengo
Falado en: Países Baixos, Bélxica, Francia, Alemaña, Suriname, Antillas Holandesas, Aruba, Indonesia
Total de falantes: 23 millóns
Posición: 40
Familia: Indoeuropeo
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Saxónica baixa
    Franconia baixa
     Neerlandés
Status oficial
Lingua oficial de: Aruba
Antillas Neerlandesas
Bélxica
Países Baixos
Suriname
Unión Europea
Regulado por: Nederlandse Taalunie
Códigos de lingua
ISO 639-1: nl
ISO 639-2: dut
ISO 639-3: nld
SIL: DUT
Mapa


Mapa das áreas neerlandés falantes do mundo
Status

O neerlandés está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O neerlandés[2] é unha lingua de orixe xermánica. Forma parte do grupo xermánico occidental, e está próxima ao baixo alemán e un pouco máis afastado do frisón. Fálano aproximadamente uns 30 millóns de persoas no mundo, fundamentalmente nos Países Baixos e en Bélxica.

O neerlandés é idioma oficial nos Países Baixos, así como en Bélxica, nas dependencias neerlandesas do alenmar (Antillas Neerlandesas e Aruba), e na antiga colonia neerlandesa de Suriname.

Ademais, unhas 60.000 persoas fálano no noroeste de Francia, na zona fronteiriza con Bélxica. Tamén se fala reducidamente nalgunhas partes de Indonesia, onde fora a lingua da administración pública colonial neerlandesa.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neerlandés.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy