Nepalés नेपाली / Nepālī | ||
---|---|---|
Falado en: | Nepal India Bután | |
Total de falantes: | 13,9 millóns aprox. | |
Posición: | 59 | |
Familia: | Indoeuropea Indoiraniano Indoario Setentrional Oriental Nepalés नेपाली / Nepālī | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Nepal, Sikkim | |
Regulado por: | Academia da lingua do Nepal | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ne
| |
ISO 639-2: | nep | |
ISO 639-3: | [http://www.sil.org/iso639-3/documentation.asp?id=nep nep nep]
| |
Mapa | ||
Status | ||
O nepalés[2] ou nepalí[3] é o idioma oficial do Nepal, aínda que é falado tamén nalgunhas zonas do norte da India e Bután. Esta lingua pertence á rama indo-iraniana da familia indoeuropea. Así como moitos dos idiomas do sur de Europa (como o galego, o italiano, o castelán, o francés, o portugués etc...) desenvolvéronse a partir do idioma latino e este do indoeuropeo, do mesmo xeito moitos dos idiomas do norte da India (entre eles o nepalés) desenvolvéronse a partir do sánscrito, e orixinalmente tamén provén do indoeuropeo.
O vocabulario provén na súa maior parte do sánscrito, aínda que ten algunhas palabras prestadas do árabe e do persa (que lle chegaron a través do hindi e do urdú). Recentemente aumentáronse os préstamos do inglés.
O nepalés escríbese no alfabeto devanágari, por exemplo: गअलइसप que significa 'Galiza'.
A tipoloxía é suxeito-obxecto-verbo.