Lingua normanda

Normando
Normand
Falado en: Francia e o Reino Unido
Rexións: Normandía e as Illas do Canal
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-occidental
    Galoibérica
     Galorrománica
      Oïl
       Normando
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
Mapa

Territorios onde é falado o normando.
Status

O normando está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O normando[2] é unha lingua romance, unha das linguas d'Oïl, considerada tradicionalmente un dialecto do francés (pexorativamente denominado patois), que por iso recibe tamén o nome de francés normando. Fálase na rexión de Normandía, onde carece de status de oficialidade e tan só está recoñecida como lingua rexional; e nas Illas Anglonormandas, onde os dialectos se desenvolveron por separado do normando continental dende que Normandía deixou de pertencer á coroa inglesa no século XIII. Na actualidade, en xeral, o normando está máis presente nas áreas menos accesibles do antigo ducado de Normandía, as Illas Anglonormandas, a península do Cotentín e o Pays de Caux.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para normando.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in