Lingua paxta

Paxto
پښتو
Pronuncia:paʂto
Falado en: Afganistán
Paquistán
Rexións: Asia Central, Asia Meridional
Total de falantes: 40 millóns[1]
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Irania
   Orientais
    Orientais meridionais
     Paxto
Escrita: Escrita nasgh (nasx)
Status oficial
Lingua oficial de: Afganistán
Regulado por: Academia das Ciencias do Afganistán
Códigos de lingua
ISO 639-1: ps
ISO 639-2: pus
ISO 639-3: varios:
pus — Paxto (xenérico)
pst — Paxto central
pbu — Paxto setentrional
pbt — Paxto meridional
wne — Dialecto Waneci
Mapa
Status

O paxto está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O paxto[3], noutras fontes tamén chamado pashtu[4] ou pashto[5], é un idioma que pertence ás linguas iranias, dentro do seu grupo oriental e á súa vez do sub-grupo meridional e falado pola etnia paxta. Está emparentado coas linguas do Pamir e un pouco máis afastado do iagnobí e das linguas osetas: o digorés e o iriano. É a lingua máis numerosa en número de falantes do grupo de linguas iranias orientais.

É a lingua oficial de Afganistán (xunto co dari) e falada en Paquistán e na diáspora dos paxtos. Fálana preto de 40 ou 50 millóns de persoas.[6] Fálase ademais no occidente de Paquistán.

Está escrito cunha versión modificada do alfabeto persa-arábico chamada nash (nasgh).

  1. Ethnologue Report for Pashto
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "paxto". TERGAL. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  4. Entrada pashtu na Diciopedia do século 21
  5. Entrada pashto Arquivado 14 de novembro de 2017 en Wayback Machine. no Digalego
  6. Ethnologue.com/show_language.asp?code=pbu (informe de Ethnologue).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in