Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2009.) |
Punjabi ਪੰਜਾਬੀ ou پنجابی | ||
---|---|---|
Pronuncia: | pañjābī, panjābī | |
Falado en: | Paquistán, India, e noutros países con inmigrantes punjabis. | |
Rexións: | Punjab | |
Total de falantes: | 104 millóns (aprox.) | |
Posición: | 10 | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Punjabi | |
Escrita: | Gurmukhi, Shahmukhi | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Punjab, Haryana, Chandigarh e Delhi. | |
Regulado por: | sen regulador oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | pa
| |
ISO 639-2: | pan | |
ISO 639-3: | varios:pan — Punjabi (xenérico)pnb — Punjabi (oeste)pmu — Punjabi (Mirpuri)lah — Landés
| |
Mapa | ||
Status | ||
O punjabi[2] (nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranias falada na India (rexión do Punjab) e no Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este.
Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanágari ou o alfabeto árabe na súa variante persa.
Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos. O panjabiano é unha lingua con acento de altura, á maneira do sánscrito outrora, e funciona con tres entoacións. É unha das poucas linguas indoarias modernas dese tipo.