Lingua punjabi

Punjabi
ਪੰਜਾਬੀ ou پنجابی
Pronuncia:pañjābī, panjābī
Falado en: Paquistán, India, e noutros países con inmigrantes punjabis.
Rexións: Punjab
Total de falantes: 104 millóns (aprox.)
Posición: 10
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Punjabi
Escrita: Gurmukhi, Shahmukhi
Status oficial
Lingua oficial de: Punjab, Haryana, Chandigarh e Delhi.
Regulado por: sen regulador oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: pa
ISO 639-2: pan
ISO 639-3: varios:
pan — Punjabi (xenérico)
pnb — Punjabi (oeste)
pmu — Punjabi (Mirpuri)
lah — Landés
Mapa
Status

O punjabi está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O punjabi[2] (nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranias falada na India (rexión do Punjab) e no Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este.

Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanágari ou o alfabeto árabe na súa variante persa.

Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos. O panjabiano é unha lingua con acento de altura, á maneira do sánscrito outrora, e funciona con tres entoacións. É unha das poucas linguas indoarias modernas dese tipo.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada punjabi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy