Ruanda Kinyarwanda | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Rwanda | |
Falado en: | Ruanda, Uganda, República Democrática do Congo | |
Total de falantes: | 9,8 millóns (2007) | |
Familia: | Atlántico-congolesa Benue–congolesa Bantoide meridional Bantú Bantú nororiental Bantú dos Grandes Lagos Rwanda-Rundi Ruanda | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ruanda | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | rw
| |
ISO 639-2: | kin | |
ISO 639-3: | kin
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua ruanda[2] (tamén coñecida como kinyarwanda ou rwanda) é unha lingua bantú falada por 12 millóns de persoas en Ruanda, República Democrática do Congo e partes do sur de Uganda. É a lingua oficial de Ruanda e está estreitamente relacionada coa lingua kirundi, que é a oficial na veciña Burundi.[3]
O kinyarwanda é unha das tres linguas oficiais de Ruanda (xunto co inglés e o francés), e é falada pola ampla maioría da poboación nativa. Isto contrasta coa maioría das nacións africanas modernas, cuxas fronteiras foron deseñadas polos poderes coloniais e non se corresponden cos límites étnicos ou os reinos precoloniais.[4]