Lingua sindhi

Sindhi
सिन्धी ਸਿੰਧੀ سنڌي
Falado en: Sind, Paquistán
Rexións: Asia Meridional
Total de falantes: 75 millóns (2015)[1]
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Zona noroeste
    Linguas sindhi
     Sindhi
Escrita: Alfabeto árabe, devanágari, escrita khudabadi, escrita laṇḍā e gurmukhi[2]
Status oficial
Lingua oficial de: Paquistán (Sind)
India India
Regulado por: Autoridade da Lingua Sindhi (Paquistán),
Consello Nacional para a Promoción da Lingua Sindhi (India)
Códigos de lingua
ISO 639-1: sd
ISO 639-2: sdn
ISO 639-3: sdn
Mapa
Status

O sindhi está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A lingua sindhi[4] (سنڌي, सिन्धी, Sindhi) é unha lingua indoaria da histórica rexión de Sind, falada polo pobo sindhi. É a lingua oficial da provincia de Sind, Paquistán.[5][6][7] Na India, o sindhi é unha das linguas oficialmente recoñecidas polo goberno federal. Ten influencias da lingua baluchi e da lingua kutchi faladas nas provincias adxacentes de Baluchistán e Kachchh.

A maioría dos falantes de sindhi concéntranse en Paquistán, na provincia de Sind, e na India, na rexión Kachchh do estado de Gujarat e na rexión de Ulhasnagar do estado de Maharashtra. Os falantes da India compóñense por sindhis hindús que migraron dende Sind e se asentaron na India despois da independencia de Paquistán en 1947, e tamén pola diáspora sindhi en todo o mundo. A lingua sindhi tamén é falada por comunidades sindhi de Hong Kong, Omán, Indonesia, Singapur, os Emiratos Árabes Unidos, o Reino Unido e os Estados Unidos de América.[8]

  1. Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
  2. Sindhilanguage.com (ed.). "Script". 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. "Entrada sindhi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2017. Consultado o 02 de xaneiro de 2017. 
  5. Gulshan Majeed. "Ethnicity and Ethnic Conflict in Pakistan" (PDF). Journal of Political Studies. Consultado o 27 de decembro de 2013. 
  6. "Sindhi". The Languages Gulper. Consultado o 27 de decembro de 2013. 
  7. Sindhi Language (ed.). "Encyclopædia Britannica". Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  8. "English to Sindhi Dictionary & Sindhi to English Dictionary". KhandBhale.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in