Tai ภาษาไทย phasa thai' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | pʰāːsǎː tʰāj | |
Outros nomes: | Siamés | |
Falado en: | Tailandia | |
Total de falantes: | 20 millóns monolingües (2000) 40 millóns bilingües | |
Posición: | 25 | |
Familia: | Tai-kadai Linguas tai Suroeste (Tai) Chiang Saen Tai | |
Escrita: | Alfabeto tailandés, braille tai | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Tailandia | |
Regulado por: | Instituto Real | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | th
| |
ISO 639-2: | tha | |
ISO 639-3: | tha
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua tailandesa[2] (en tailandés: ภาษาไทย) ou lingua siamesa[3] é a lingua oficial da Tailandia. O nome tailandés para a lingua é ภาษาไทย (phasa thai, que significa "a lingua da liberdade"). O tailandés forma parte do grupo das linguas tai, pertencente á familia lingüística tai-kadai.
As linguas tai tiveron a súa orixe no sur da China, e algúns lingüistas propoñeran ligazóns coas familias lingüísticas mon-khmer, malaio-polinesia. É unha lingua tonal e analítica. A combinación da tonalidade cunha ortografía complexa, marcadores relacionais e unha fonoloxía diferente pode facer que o tailandés sexa unha lingua de difícil aprendizaxe para os occidentais.