Lingua turca

Turco
Türkçe
Pronuncia:ˈtyɾct͡ʃɛ
Falado en: Turquía, Norte de Chipre, Chipre, Bulgaria, Macedonia do Norte, Grecia,[1] Acerbaixán,[2] Kosovo,[3] Romanía
Total de falantes: 80 millóns (2006)[4]
5,9 millóns como segunda lingua (2019)[4]
Posición: 22
Familia: Linguas turcas
 Linguas oghuz
  Oghuz occidental
   Turco
Escrita: Latino (alfabeto turco)
Status oficial
Lingua oficial de: Turquía Turquía
República Turca do Norte de Chipre República Turca do Norte de Chipre[5]
Chipre Chipre [6]
Regulado por: Türk Dil Kurumu (Sociedade da lingua turca)
Códigos de lingua
ISO 639-1: tr
ISO 639-2: tur
ISO 639-3: tur
Mapa
Status

O turco está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[7]

O turco[8][9] (Tr-Türkçe.oga Türkçe ) é a máis estendida das linguas turcas, con entre 80 e 90 millóns de falantes. É a lingua nacional de Turquía e a República Turca do Norte de Chipre. Existen comunidades de falantes en Iraq, Siria, Alemaña, Austria, Bulgaria, Macedonia do Norte, Grecia e o no Cáucaso, así como noutras partes de Europa e Asia central. Pertence á familia das linguas altaicas. As linguas máis próximas ao turco son o azarí e o turcomán.

As orixes da lingua atópanse na rexión de Altai, na estepa euroasiática, onde se coñecen os primeiros escritos que teñen uns 1.300 anos de antigüidade. No oeste, a influencia do turco otomán, a lingua administrativa e literaria do Imperio Otomán que mantiña unha morfoloxía e sintaxe principalmente turca mentres o vocabulario era primordialmente árabe e persa[10], estendeuse segundo ía medrando o Imperio. En 1928, como parte das reformas Atatürk na recente República de Turquía, a escrita otomá foi substituída polo alfabeto latino, así como se reformulou o vocabulario eliminando gran parte do léxico árabe e persa.

As características distintivas do turco son a harmonía vocálica e a aglutinación. A orde básica das palabras é suxeito obxecto verbo. O turco non ten clases de nomes ou xénero gramatical. Ten un uso moi forte das fórmulas de tratamento e de cortesía. Usa o pronome de segunda persoa que distingue diferentes graos de cortesía, espazo social, idade ou familiaridade.

  1. "The Muslim Minority of Greek Thrace". 
  2. Taylor & Francis Group (2003). Eastern Europe, Russia and Central Asia 2004. Routledge. p. 114. ISBN 978-1-85743-187-2. Consultado o 26 de marzo de 2008. 
  3. "Kosova: Turkish Becomes Official Language". 25 de setembro de 2006. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Turkish". Ethnologue. Consultado o 5 de xaneiro de 2023. 
  5. "Constitution of Turkish Republic of Northern Cyprus". www.cypnet.co.uk. 15 de novembro de 1983. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  6. "Languages of Cyprus". CIA World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  7. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para turco.
  9. "turco". TERGAL. Consultado o 22/03/2019. 
  10. Gábor Ágoston, Bruce Alan Masters (2010)Encyclopedia of the Ottoman EmpireInfobase Publishing, p. 322

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy