Lingua uzbeka

Uzbeko
Oʻzbek tili, Oʻzbekcha, Ўзбек тили, Ўзбекча, اوُزبېک تیلی ,اوُزبېکچه‌
Falado en: Uzbekistán, Kirguizistán, Afganistán, Paquistán, Casaquistán, Turkmenistán, Taxiquistán, Rusia, China
Total de falantes: 25 000 000 (2007)[1]
Familia: Linguas turcas
 Linguas karluk
  Oghuz oriental
   Uzbeko
Escrita: Latino, cirílico, árabe, braille uzbeko
(alfabeto uzbeko)
Status oficial
Lingua oficial de: Uzbekistán
Códigos de lingua
ISO 639-1: uz
ISO 639-2: uzb
ISO 639-3: uzb
Mapa
Status

O uzbeko está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua uzbeka[3] ou uzbeko (O'zbek tili en alfabeto latino, Ўзбек en cirílico) é unha lingua turca falada polos uzbekos en Uzbekistán e máis noutras partes da Asia Central. O seu parente máis próximo é o uigur. O persa e mailo ruso teñen tido unha influencia significativa no uzbeko.

É a lingua oficial do Uzbekistán, con 18,5 millóns de falantes nativos. Foi escrita en cirílico ata o 1992, mais hoxe en día úsase o alfabeto latino. Os uzbekos chineses escríbeno en alfabeto árabe.

  1. Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para uzbeko.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in