Xeorxiano ქართული | ||
---|---|---|
Pronuncia: | Kartuli | |
Falado en: | Xeorxia, Grecia, Irán, Acerbaixán, Turquía, Rusia | |
Rexións: | Europa, Asia | |
Total de falantes: | 6,3 millóns | |
Posición: | Vexa [1] | |
Familia: | Linguas kartvelianas Xeorxiano | |
Escrita: | Alfabetos xeorxianos | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Xeorxia | |
Regulado por: | sen regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ka
| |
ISO 639-2: | geo (B) | kat (T) |
ISO 639-3: | kat
| |
SIL: | GEO
| |
Mapa | ||
Status | ||
O xeorxiano[2] (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso. O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán, Grecia etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).