Linguas do Pamir

Linguas do Pamir
Outros nomes:Pamirī
Falado en: Taxiquistán, Afganistán, Paquistán e a China
Rexións: Asia central, Montes do Pamir, Badaghxán Montañoso, Xinxiang e Fronteira do Noroeste
Total de falantes: Máis de 100.000
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Iranias
   orientais
    orientais meridionais
     Linguas do Pamir
Escrita: Alfabeto cirílico e escrita perso-arábiga
Status oficial
Lingua oficial de: Non
Regulado por: Ningún
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas do Pamir (ou pamirianas) son un subgrupo das linguas iranias faladas no altoplano do Pamir, ao longo do río Panxe (Panj, literalmente Cinco), a ambas marxes do río, no sur do Badaghxán Montañoso (Taxiquistán), no Badaghxán (Afganistán), no Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán (Xinxiang (China) e na provincia da Fronteira do Noroeste (Paquistán). No ano 1990 había máis de 100.000 persoas que falaban as linguas pamirianas.

Trátase de linguas iranias orientais meridionais, que seguen a tipoloxía lingüística SOV. A maior parte dos falantes é bilingüe porque utilizan tamén o taxico.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in