Linguas iranias orientais | ||
---|---|---|
Falado en: | Taxiquistán, Afganistán, Paquistán, China, Rusia e Nacións extintas | |
Rexións: | Asia central, Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso, Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán e Fronteira do Noroeste; Cáucaso Iristán | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropea Indoirania Irania Linguas iranias orientais | |
Escrita: | Alfabeto cirílico e escrita perso-arábiga | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Só 5 son oficialmente recoñecidas | |
Regulado por: | Academia das Ciencias de Taxiquistán, Academia das Ciencias do Afganistán, Instituto das Ciencias do Iristán e Academia da Lingua e Literatura Persa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas iranias orientais son un subgrupo das linguas iranias que emerxeron nos tempos do iranio medio (dende aproximadamente o século IV a.C.) A lingua avéstica é a miúdo clasificada coma iranio oriental temperán, pero isto é incerto.
Divídense en dúas ramas: a oriental setentrional e a oriental meridional. A pesar desta separación, as linguas iranias orientais forman un único dialecto contínuum conforme a unha innovación común.
En comparación aos dialectos iranios occidentais medios, os iranios orientais medios conservan a vogal final na última sílaba. Crese que as linguas iranias orientais se separaron das linguas iranias occidentais no curso de principios do segundo milenio a.C., e estaban situados preto da cultura Iaz.
A maior lingua irania oriental é o paxto con algo máis de 40 millóns de falantes, a principal lingua de Afganistán e Paquistán occidental.