Linguas khoisas | ||
---|---|---|
Falado en: | Kalahari e centro de Tanzania | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Unhas das principais familias de linguas do mundo. Linguas khoisas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas khoisas[1] son as linguas de África que teñen consoantes clicantes mais non pertence a outras familias de linguas. Durante a meirande parte do século XX creuse que tiñan unha relación xenealóxica entre elas, pero xa non se acepta esta tese.
Tódalas linguas khoisas agás dúas son indíxenas de África do Sur, e pertencen a tres familias de linguas, das cales a familia khoi semella ter migrado cara ao sur de África antes da expansión bantú.[2] Etnicamente, os seus falantes son os khoikhoi e os san. Dúas linguas de África do leste, a do pobo sandawe e a do pobo hadza, tamén son chamados khoisan, mais os seus falantes non son nin khoikhoi nin san.