Linguas oghuz

Linguas oghuz
Falado en: -
Total de falantes:
Familia: Altaica
 Linguas turcas
  Linguas oghuz
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
     Turco      Gagauz      Azarí      Qashqai      Chaharmahali      Turcomán      Khorasani      Salar
Status

As linguas oghuz son un subgrupo da familia de linguas turcas, faladas por arredor de 108 millóns de persoas. As tres linguas co número máis grande de falantes son o turco, o azarí eo turcomán, as cales, combinadas, representan máis do 95% dos falantes.

O estudoso Mahmud al-Kashgari de Kara-Khanid, que viviu no século XI, afirmou que a lingua oghuz era a máis sinxela de todas as linguas turcas.[1]

O turcólogo e lingüista sueco Lars Johanson sinala que as linguas oghuz forman un bloque claramente discernible e estreitamente relacionado dentro da familia das linguas turcas, xa que a historia cultural e política dos falantes das linguas oghuz vinculounas máis estreitamente coa idade moderna. As linguas oghuz occidentais son altamente intelixibles entre si e coa lingua tártara de Crimea.[2]

  1. D. T. Potts, (2014), Nomadism in Iran: From Antiquity to the Modern Era, p. 177
  2. "Language Materials Project: Turkish". UCLA International Institute, Center for World Languages. febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 2007-10-11. Consultado o 2007-04-26. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in