Pascal | |
---|---|
Paradigma | imperativa, estruturada |
Data | 1970 |
Tipo de dato | forte, dinámica, segura |
Dialectos | Delphi, Turbo Pascal, UCSD Pascal |
Influído por | ALGOL W |
Influíu | Ada, Component Pascal, Go, Java, Modula /-2 /-3, Oberon /.2, Object Pascal, Oxygene, Seed7 |
Pascal é unha linguaxe de programación desenvolta polo profesor suízo Niklaus Wirth a finais da década de 1960. O seu obxectivo era crear unha linguaxe que facilitase a aprendizaxe da programación aos seus alumnos. Con todo, co tempo a súa utilización excedeu o ámbito académico para converterse nunha ferramenta para a creación de aplicacións de todo tipo. Caracterízase por ser unha linguaxe de programación estruturada fortemente tipificada.