Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tipo | páxina web, rede social, comunidade en liña, plataforma online muito grande e organización |
---|---|
Data de fundación | 28 de decembro de 2002 |
Fundador(es) | Reid Hoffman e Konstantin Guericke |
Director/a | Ryan Roslansky |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.linkedin.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
LinkedIn é unha rede social para profesionais (coñecida tamén como “Facebook dos profesionais")[Cómpre referencia] fundada en decembro de 2002 e aberta ao público en maio de 2003; sendo creada por Reid Hoffman, Allen Blue, Konstantin Guericke, Eric Ly e Jean-Luc Vaillant[1]. Nesta rede é posible crear o teu perfil e colgar o teu CV (resumo da tua experiencia e logros profesionais), ofrecéndoche a opción de contactar con persoas especializadas no teu mesmo sector, establecendo deste xeito unha rede de contactos[2].
En outubro de 2008, tiña arredor de 20 millóns de usuarios rexistrados. A cifra en 2013 ascendía a máis de 200 millóns de usuarios repartidos en 200 países de todo o mundo, abarcando todas as empresas da lista da revista Fortune das 500 maiores empresas estadounidenses.
Actualmente, esta rede conta con 400 millóns de usuarios,[Cómpre referencia] converténdose nunha das mellores cartas de presentación, cara ao mundo laboral, en Internet. A diferenza doutras redes, LinkedIn, non permite personalizar case nada do seu contido; a única foto que se pode subir é a do CV, deste xeito só permite enfocarse nos intereses profesionais das persoas rexistradas. Nela encontrarás empresas e profesionais que buscan promocionarse, facer "networking" e negocios[3].